Convocan unha nova concentración en apoio a Palestina

Convocan unha nova concentración en apoio a Palestina

O vindeiro luns 5 de febreiro a Praza do Concello acollerá unha nova concentración en solidariedade co pobo palestino. Esta súmase as xa celebradas anteriormente no concello e as que se celebrarán ese mesmo día noutras 28 localidades de Galicia.

Mar de Lumes, entidade organizadora, afirmou este mércores que “o insuportábel xenocidio na Palestina segue a desvendar o criminal soporte político, económico e militar dos Estados Unidos e a UE ao réxime racista e asasino de Israel”.


Imaxe de portada:
Concentración celebrada no Novo Mercado // Arquivo O Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario