Os actos do aniversario do Día dos Medios en Galego comezarán na Estrada

Os actos do aniversario do Día dos Medios en Galego comezarán na Estrada

A Asociación de Medios en Galego (AMEGA) celebrará o XI aniversario do Día dos Medios en Galego con roteiros por varios concellos galegos. Aínda que a data deste festexo é o 7 de febreiro, o primeiro roteiro celebraráse na Estrada o sábado 3.

A saída será as 12.00h na Praza da Música, onde se atopan os estudos de Radio Estrada. O percorrido achegaráse ata o número 39 da Rúa Calvo Sotelo, lugar no que se atopaba a omprenta de El Emigrado; ata o 25 da Avenida Benito Vigo, desde onde se emitía a programación de Estrada Televisión; e ata o monumento a Marcial Valladares, na Alameda. Por último, achegaránse ata a Praza do Concello para falar do premio Manuel Reimóndez Portela.

Ao longo do roteiro intervirán Pedro Pérez, historiador local e autor de Historia da Radio na Estrada; Marcos Borrageros, graduado en historia e membro da AC Vagalumes; Pepe Rodríguez, director de Radio Estrada e fundador de Estrada Televisión; Laura Filloy, xornalista experta en Avelina Valladares; Victoria Reimóndez Sanmartín, neta de Manuel Reimóndez Portela; e Juan Constenla, Concelleiro de Cultura do Concello da Estrada. Amais, actuará Tequexetéldere.

Tras isto, anunciarán o resto de actos o 6 de febreiro no Pazo de San Roque, sede da Secretaría Xeral de Política Lingüística.


Imaxe de portada:

Informativo de Estrada Televisión (02/06/2008) // Captura de pantalla / YouTube

Comentarios

Deixar un comentario