París de Noia e Satélites animarán o San Blas de Nigoi

París de Noia e Satélites animarán o San Blas de Nigoi

Nigoi celebrará este sábado 3 e domingo 4 as súas festas na honra da Virxe da Candelaria e San Blas.

O primeiro dos días de festexo estará adicado ao Santo. Ás 13.00h terá lugar a misa solemne cantada polo Coro de Arca. A Charanga Los Verbeneros será a encargada do pasarrúas e da sesión vermú. A partir das 22.30h, París de Noia e Satélites animarán a noite.

O domingo oficiaráse unha misa cantada polo Coro de Arca ás 13.15h e a sesión vermú correrá a cargo da Banda Municipal da Estrada.

Comentarios

Deixar un comentario