Natalia Rivas proclamouse subcampioa sub20 de Galicia en marcha en ruta e bronce absoluto nos 10km. Fíxoo na Pobra do Caramiñal, nun circuito dun quilómetro de lonxitude ao que tiñan que dar 10 voltas. Rivas completou o percorrido cun crono de 54 minutos e 58 segundos e sen cometer ningunha falta.
Control de marcas en Ourense
O sábado os atletas do Atletismo A Estrada desputaron o último control de marcas de pista cuberta en Ourense.
A sub16 Carla Pintor marcou un crono de 43.52 segundos nos 300ml e, nos 60ml, parou o tempo nos 8.44 segundos. Nestas probas tamén competiron Antón e Xurxo Vázquez, sen conseguir as súas mellores marcas. Noa Barros probouse nos 600ml e rematou en 1:45.47.
Cloe Ferreiro regresou á competición tras varios meses e, pese a que a proba non se adaptaba ás súas características, rematou os 60ml en 9.64 segundos. Outro dos regresos agardados era o da sub20 Laura Carracedo, pero non se produciu debido a enfermidade da atleta.
En sub18, Pedro Coutinho non tivo o seu mellor día e rematou os 60ml en 7.97 segundos.
Imaxe de portada:
Natalia Rivas na Pobra do Caramiñal // Atletismo A Estrada


Deixar un comentario