O BNG denuncia que algunhas das farolas nas que tiñan que colocar carteis foron “ocupadas” polo PP

O BNG denuncia que algunhas das farolas nas que tiñan que colocar carteis foron “ocupadas” polo PP

O BNG estradense denunciou que o PP “ocupou” algunha das farolas que lle correspondían aos nacionalistas para a colocación de carteis electorais. Desde o BNG din que non entenden “onde está a confusión, dado que cada farola queda asigana a un partido mediante etiquetas co nome do mesmo”. É por iso que lle piden aos populares que retiren “inmediatamente” os carteis mal colocados.

Amais, denuncian que este acto forma parte da “campaña sucia” que o PP estaría levando contra eles “dende antes do inicio oficial” da campaña electoral.


Imaxe de portada:
Carteis do PP nas farolas que lle correspondían ao BNG // BNG da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario