A borrasca Karlotta deixará importantes acumulados de chuvia e fortes refachos de vento no concello. Entrará este mércores, aínda que os efectos adversos chegarán o xoves.
Para esa xornada a AEMET xa activou un aviso por chuvia acumulada en 12h, dado que se poderán rexistrar ata 60mm nese período de tempo. Amais, súmaselle outro aviso por refachos de vento que poden alcanzar os 80km/h.
No relacionado coas temperaturas, tenderán a baixar, sobre todo as mínimas.


Deixar un comentario