Tras o peche de Hiperxel debido a que entrara en quebra, A Estrada non tiña unha tenda de conxelados. Pero iso está a piques de cambiar: no antigo local de Hiperxel, na Rúa Calvo Sotelo, estáse instalando Congelados A Estrada.
Polo momento fíxose oficial que a apertura será proximamente e que a imaxe da empresa correu a cargo de Monster Studio, empresa estradense especializada en deseño gráfico.
Imaxe de portada:
Local de Congelados A Estrada // Congelados A Estrada


Deixar un comentario