A nova comedia negra de Tito Asorey estrearáse na Estrada

A nova comedia negra de Tito Asorey estrearáse na Estrada

O Teatro da Estrada será o lugar no que se estree Go Home, a nova comedia negra de Tito Asorey. Será o martes 23 de abril, ás 20.30h. As entradas xa están á venda en Ataquilla.

Os protagonistas desta obra son David Amor e Josito Porto e nela tratarán con humor o turismo e a xentrificación das cidades. Entre os actores que conforman o elenco tamén se atopan José Prieto, José Faro, Laura Iturralde, Patricia Ferreira e Xabier Porto.

Comentarios

Deixar un comentario