Dous coches baten na rotonda do Polígono de Toedo

Dous coches baten na rotonda do Polígono de Toedo

Pasadas as 18.15h deste venres producíase unha colisión por alcance na rotonda do Polígono de Toedo. O tráfico tivo que desviarse por Emerxencias A Estrada ata que se retiraron os vehículos. Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico de Lalín, da Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea, de Grúas Foxomotor e de Emerxencias A Estrada, que non tivo que trasladar a ningún dos ocupantes dos vehículos.

Este sinistro súmase á longa lista de accidentes que se produciron na PO-841.


Imaxe de portada:
Un dos vehículos accidentados // Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea

Comentarios

Deixar un comentario