O socialista Patxi López realizou unha visita á Estrada no marco da campaña electoral do 18F. Estivo acompañado por David Regades, Presidente do PSOE da provincia de Pontevedra; Nino Casares, eurodeputado; e Manuel Cuiña, número 6 nas listas da provincia de Pontevedra. Tamén estiveron presentes membros do PSOE da Estrada e simpatizantes socialistas.
López comentou que Galicia necesita un Presidente “que non se esconda en Madrid” nin “nos debates”. Para o socialista “vai haber cambio porque a cidadanía sabe que os socialistas representamos ese cambio con garantías, ese cambio con solvencia”. Fixo fincapé na “experiencia” que teñen gobernando .
“Temos un Presidente da Xunta agora que fai oposición ao Goberno de España pero fai oposición tamén aos Concellos”
Patxi López, PSOE
Imaxe de portada:
Encontro de Patxi López, David Regades, Nino Casares e Manuel Cuiña co electorado socialista // PSOE A Estrada


Deixar un comentario