5 judokas do Judo Club Base competirán por converterse en campións galegos esta tarde

5 judokas do Judo Club Base competirán por converterse en campións galegos esta tarde

5 judokas do Judo Club Base da Estrada competirán este sábado no Campionato Galego de categoría júnior que se celebrará este sábado a partir das 16.00h no Pavillón Manuel Coto Ferreiro.

Antón García representará ao clube estradense nos -60kg, Hugo Berto e Samuel Tato nos -66kg, Francisco García faráo nos -73kg e, Mateo Miranda, nos -100kg.

Como adestradores estarán Xaquín Baldomir Sendón e Diego Couto Solla.

No caso de que non poidan achegarse ata o Coto Ferreiro e queiran seguilo, O Xornal da Estrada ofrecerálles as imaxes en directo dos catro tatamis indicando que categorías se celebran en cada un deles.


Imaxe de portada:
Samuel Tato no Campionato de España // Arquivo

Comentarios

Deixar un comentario