Unha intensa sarabiada, posible causa dun aparatoso accidente na Estrada

Unha intensa sarabiada, posible causa dun aparatoso accidente na Estrada

Sobre as 9.00h deste sábado un coche saíse da vía e batía contra unha farola nas proximidades da rotonda situada entre as rotondas de Figueiroa e dos “Donuts”.

É posible que o sinistro se producira debido á intensa sarabiada que caera instantes antes. Esta sarabiada facía que as rúas da Estrada quedaran completamente brancas.

O punto no que se produciu o accidente forma parte do tramo urbano da PO-841, vial no que onte á tarde tamén se producía un aparatoso accidente, neste caso en Toedo.

Sarabiada en Figueiroa // cedida

Imaxe de portada:
Sarabiada en Figueiroa // cedida

Comentarios

Deixar un comentario