MITIN NA ESTRADA| Bará anunciou a súa intención de dinamizar a comarca e o sector do moble

MITIN NA ESTRADA| Bará anunciou a súa intención de dinamizar a comarca e o sector do moble

Luis Bará, número 1 do BNG pola provincia de Pontevedra, desprazouse ata A Estrada para pedir o voto nacionalista nos comicios galegos.  “Da igual que o que votaran noutras ocasións, ou como é a súa maneira de sentirse galegas e galegos. Se todas as persoas que queren unha Galiza mellor votan Bloque, haberá cambio”, afirmou.

Bará anunciou a súa intención de converter á Estrada na capital comercial e de servizos da comarca, algo que considera chave para “dinamizar os centros urbanos e os barrios”.

No relacionado cos viais, asegurou que vai realizar melloras na PO-213 e na PO-340, amais de pedir a conexión coa AP-53, que leva parada 15 anos e que, segundo o nacionalista, “ese é un exemplo da parálise do PP”.

Tamén terá importancia nun goberno nacionalista o sector do moble, no “algo falla” xa que en Galicia prodúcense o 50% das cortas de madeira pero “só se beneficia o 13%”.

O nacionalista propuxo crear máis prazas nos centros de día, mellorar o ensino e o SAF e inxectar cartos no servicio sanitario. Amais, anunciou a súa intención de recuperar o Pazo e a Torre de Guimarei para que sexan públicos.

Ariadna Fernández, número 8 pola provincia, pediu o voto nacionalista para deixar “de respirar este ambiente da Galiza que anda lenta, que non avanza, que se deixa menosprezar… para volver con aires renovados, con aires de ilusión por unha Galiza que esperta tras todos os anos de abandono, unha nova Galiza que está desexosa de nos ofrecer o que ten, que ben sabedes que é moito e que nos levará lonxe”.

Fernández lembrou problemas das comarcas para exemplificalos como “agravios da Xunta do PP”, como a tardanza das ambulancias, a falta de prazas públicas en residencias, falta de médicos, perdiatras e prazas en garderías, entre outros.

Xoán Reices, voceiro do BNG da Estrada, pediu que se vote ao BNG para que se igualen os servizos do rural cos das cidades, xa que “queremos un rural vivo”.


Imaxe de portada:
Acto do BNG na Estrada // BNG

Comentarios

Deixar un comentario