Carla Pintor quedou terceira nos 300ml sub16 do Campionato Galego de pista cuberta tras parar o crono en 43.57 segundos. Na semifinal mellorou a súa marca persoal cun tempo de 43.45 segundos. Nos 80ml, ao estar concentrada para a final dos 300ml, rematou oitava cun crono de 8.48 segundos.
Nos 600ml, Noa Barros rematou sexta batendo a súa marca persoal (1:42.29 segundos) e agora está pendente de se ese tempo lle serve para poder participar no seu primeiro nacional.
Tamén nos 600ml, Iago Mosquera batía a súa marca persoal tras parar o seu crono en 1:44.29. Cloe Ferreiro rematou a proba en 1:58.29.
Nos 60ml, Xurxo Vázquez cruzaba a meta tras 9.08 segundos de sprint e, Antón Vázquez, fíxoo 0.4 segundos despois. Pola súa banda, Nico Lorenzo rematou 11º no seu primeiro 3000ml cun tempo de 11:13.96.
Imaxe de portada:
Carla Pintor no podio // Atletismo A Estrada

Deixar un comentario