O CNS A Estrada desprazouse ata Carballo para disputar o Campionato Galego de Distancias Curtas. O resultado máis destacable foi o de Andrés Carballeda, que se proclamou Campión Galego de 25 remolque e subcampión de 50 combinada xuvenil.
Subcampións tamén son Carolina Valiño, Roi Loureiro e Javier Mallo en 100 socorrista xuvenil, 50 obstáculos xuvenil e 25 remolque junior, respectivamente.
Irene Cabanas conseguiu o bronce nos 50 obstáculos junior. En relevo masculino, Andrés, Roi, Javi Mallo e Iker levaron o bronce nos 4×12.5 remolque.
Imaxe de portada:
Andrés Carballeda no podio coa medalla de ouro // CNS A Estrada

Deixar un comentario