A calixe chegará este mércores á Estrada

A calixe chegará este mércores á Estrada

Unha masa de pó procedente do Sáhara chegará na tarde-noite deste mércores a Galicia. Os modelos indican que ao noso concello comezaría a chegar entre as 22.00 e as 23.00h.

O momento no que máis pó teñamos no noso ceo prevese que sexa ás 7.00h do xoves, cando habería preto de 110µg /m3 destas partículas. A partir dese momento comezaría a remitir o episodio de calixe, rematando ao redor das 19.00h.

A calixe virá acompañada de chuvias, polo que podería chover barro.

A última vez que A Estrada viviu un episodio de calixe foi o 15 de marzo de 2022, cando o ceo tomou unha cor alaranxada provocada polo pó.


Imaxe de portada:
Calixe na Estrada, 15 de marzo de 2022 // R. R.

Comentarios

Deixar un comentario