Na Estrada, o PP conseguiu máis votos que a esquerda en 4 dos últimos cinco comicios. O único ano no que non pasou iso foi no 2009, cando Feijóo (PP) conseguía a súa primeira victoria.
No 2005, ano no que Touriño (PSOE) conseguía gobernar da man do BNG, a esquerda quedou 300 votos por debaixo do PP. Sen embargo, no 2009, conseguían 100 votos máis.
Nos últimos tres comicios (2012, 2016 e 2020), a cifra de votantes foi similar, entre os 4800 e os 4600 votos.
No relacionado cos tres grandes partidos, BNG e PP conseguiron o seu maior número de votos no 2005 e, o PSOE, no 2009. O PP mantívose sempre ao redor do 50% dos votos, o PSOE perde votos en cada comicio e, o BNG recuperounos tras perdelos pola creación de AGE e En Marea.


Deixar un comentario