O PSOE denuncia o mal estado dos contedores do lixo na Avenida de Santiago

O PSOE denuncia o mal estado dos contedores do lixo na Avenida de Santiago

O PSOE estradense presentou unha serie de solicitudes no Concello para que se solucionen algúns dos problemas que manifestan os veciños.

Na Avenida de Santiago pediron que se arranxe as beirarrúas, que se atopan en mal estado, principalmente na entrada dos garaxes. Nesa mesma rúa tamén solicitaron que se substitúan os contedores do plástico dado que se atopan en mal estado de conservación e que se coloquen dous máis.

Outra das peticións foi o reasfaltado da Rúa Antón Losada Diéguez no tramo comprendido entre o cruce coa Avenida de Santiago e a Hamburguesería Orly, que se atopa en mal estado de conservación.

Engadíronse peticións de reasfaltado nunha pista entre Moreira e Barbude, outra en Moreira e dunha última en Santeles.


Imaxe de portada:
Contedores na Avenida de Santiago // PSOE A Estrada

Comentarios

Deixar un comentario