Ata o vindeiro 26 de febreiro está aberto o prazo para presentar a candidatura dunha muller, entidade, empresa ou asociación para recoñecer a súa labor no empoderamento da muller.
O xurado valorará a súa traxectoria, os puntos relevantes desta, a repercusión e pegada do seu labor e a visibilización de mulleres que desenvolvesen actividades que promovan o empoderamento dentro do ámbito da igualdade.
O premio constará dun recoñecemento simbólico o vindeiro 8 de marzo no que se entregará unha escultura conmemorativa.
Pode acceder ás bases e aos modelos de candidaturas a través do cadro que atopará debaixo destas liñas.
Deixar un comentario