Este domingo máis de 2 millóns de galegos acuden ás urnas. Un proceso ao que, como o resto de españois, están acostumados, pois en 5 anos teñen que votar en 4 tipos de eleccións diferentes: as municipais, as autonómicas, as xerais e as europeas.
Cada xornada electoral comeza ás 8.00h coa constitución das mesas para que ás 9.00h poidan abrir os colexios electorais e os cidadáns voten. Despois disto prodúcese unha primeira comparecencia desde o Centro de Datos para informar de cantas mesas se constituíron correctamente e dos problemas que se produciron durante a constitución.
Ao longo da xornada prodúcense dous avances de participación, no caso das galegas ás 12.00 e ás 17.00h.
O seguinte momento importante nos comicios é o peche dos colexios electorais, que se produce ás 20.00h. Neste momento comeza o escrutinio e os medios de comunicación ofrecen as súas sondaxes cos prognósticos de cal será o resultado.
No momento no que unha mesa remata de contar os votos, o Presidente trasládalle os resultados ao Xulgado de Primeira Instancia. Cando todos os resultados cheguen ao Centro de Datos teremos un primeiro resultado, que podería variar no momento que se reconte o voto procedente do exterior.


Deixar un comentario