Estes son os estradenses que se atopan nas listas do 18F

Estes son os estradenses que se atopan nas listas do 18F

Dous estradenses atópanse nas listas de dous partidos distintos para as eleccións do vindeiro domingo. Amais, preséntanse en dous partidos completamente opostos, pois Xoán Reices é do BNG e, Gonzalo Louzao, do PP.

Xoán Reices licenciouse en psicoloxía, é administrativo nunha empresa e portavoz do BNG na Estrada, partido ao que pertence desde que foi elixido nese cargo en 2022. É compoñente da banda Noxo e foi o protagonista do filme Eles transportan a morte. Reices vai como número 16 pola provincia de Pontevedra.

Gonzalo Louzao traballou como becario de investigación no Departamento de Urbanismo e como becario de marketing da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Desde 2019 é o responsable da Concellería de Urbanismo da Estrada. Louzao atópase nas listas como terceiro suplente.

Comentarios

Deixar un comentario