O BNG da Estrada responde ao PP sobre unha posible parálise da autovía

O BNG da Estrada responde ao PP sobre unha posible parálise da autovía

O BNG da Estrada respondeu por redes sociais ás acusacións do PP de que poderían parar a construción da autovía, nas que fixeron referencia aos recursos interpostos polos nacionalistas ante a posible afección desta a espazos naturais e culturais protexidos.

Para o Bloque a fotografía que fixeron mostra a desesperación dos populares e indican que estes “amenazan tentando asustar ás veciñas”. Por último, pídenlle a José López Campos que “deixe de insultar a intelixencia dos estradenses e mostre máis clase”.

O PSOE tamén valorou a fotografía sacada en Pontevea por varios cargos do PP e o “compromiso” mostrado por Rueda coa autovía.


Imaxe de portada:
Final actual da AG-59 na Ramallosa (Teo) // Google Street View

Comentarios

Deixar un comentario