DIRECTO ▶ O PP revalida a súa maioría absoluta

DIRECTO ▶ O PP revalida a súa maioría absoluta

Hoxe Galicia celebra eleccións para elixir a nova composición do Parlamento e, consecuentemente, o novo Presidente da Xunta de Galicia.

▶ DIRECTO

23.59 //


20.06 // O PP revalidaría a maioría absoluta, segundo a sondaxe de GAD3 para a TVG

Conseguiría entre 39 e 40 escanos. O BNG quedaría con entre 25 e 26 escanos, o PSOE caería ata os 9 ou 10 deputados e Democracia Ourensana podería entrar no Hórreo.


19.12 // Así votaron os galegos

A menos dunha hora para o peche das urnas repasamos como votaron os galegos en todas as eleccións autonómicas.

17.36 // A participación da Estrada é superior á media da comarca

En Tabeirós-Terra de Montes a participación sitúase no 51,98% (+7,05 respecto a 2020) e, na Estrada, no 52,30% (+7,80).


17.34 // Na provincia de Pontevedra a participación aumenta en 5,73 puntos

Sitúase no 49,33% e é a terceira máis alta das 4 provincias galegas.


17.31 // O 49,16% dos galegos xa votou

Con case o 100% das mesas comunicadas, o 49,16% dos galegos chamados ás urnas xa votaron. Isto supón un incremento de 6,19 puntos respecto aos comicios do 2020


17.13 // ÚLTIMA HORA A participación ás 17.00h aumenta máis de 7 puntos respecto ás eleccións de 2020 na Estrada

Ata ás 17.00h votaron o 52,30% dos electores, é dicir, 7,80 puntos máis que nas eleccións de 2020, cando a esa hora votara o 44,50% dos chamados ás urnas.


15.01 //


12.42 // A participación da comarca é superior á da Estrada

Na comarca de Tabeirós-Terra de Montes a participación do 18,63%, case 0,4 puntos máis que na Estrada.


12.40 // A provincia na que máis baixou a participación foi Pontevedra (-3,21)


12.35 // A participación ás 12.00h sitúase no 17,09% en Galicia

Isto supón un descendo de 2,33 puntos respecto ás eleccións do 2020. Desde o Centro de Datos apuntan a que se pode deber a que no 2020 os comicios celebráronse no mes de xullo, un mes cálido.


12.10 // ÚLTIMA HORA A participación na Estrada baixa case 2 puntos

A participación na Estrada ás 12.00h é do 18,25% mentras que en 2020 era do 20,17%, 1,92 puntos máis que nos comicios actuais.


11.57 // Vota Isabel Faraldo (Podemos)
É a última dos principais candidatos en facelo.

Isabel Faraldo votando // RTVE

11.51 // Vota Marta Lois (Sumar)
Faino no IES Antonio Fraguas dde Santiago.

Marta Lois ensina a lista de Sumar // RTVE

11.35 // Vota Alfonso Rueda (PP)
Faino no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (Pontevedra)

Alfonso Rueda votando // RTVE

11.28 // Vota Gómez Besteiro (PSOE)

Faino no Colexio Rosalía de Castro de Lugo.

Gómez Besteiro votando // RTVE

11.11 // Armando Ojea (DO) xa votou

Armando Ojea votando // RTVE

10.50 // Lembre que pode consultar as listas de todos os partidos na nosa páxina adicada ás eleccións


10.35 // Santiago Villanueva, Dirección Xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia: na constitución das mesas “só se produciron as incidencias normais”

Só se produciron 5 destacables e as mesas que máis tardaron en constituírse foron en Vigo debido a dificultades á hora de abrir a porta dun dos colexios e pola ausencia de membros.


10.12 //


10.06 //


10.03 // Constituídas o 100% das mesas

Non se notificaron incidencias graves.


09.30 // Ana Pontón (BNG) xa votou

Fíxoo no Centro Galego de Arte Contemporáneo (Santiago de Compostela).

Pontón votando // RTVE

09.00 // Abren os colexios electorais

Comentarios

Deixar un comentario