Joel Castro e Pablo Cabaleiro proclámanse Campións Galegos de loita

Joel Castro e Pablo Cabaleiro proclámanse Campións Galegos de loita

A Estrada ten dous novos Campións Galegos en loita olímpica e loita grecorromana. Tanto Joel Castro coma Pablo Cabaleiro competían na categoría sub17, cada un en cadanseu peso.

Castro conseguiu proclamarse Campión Galego en loita olímpica e en loita grecorromana. Pola súa banda, Cabaleiro convertíase no Campión Galego de loita grecorromana e no Subcampión Galego de loita olímpica.

Hai dúas semanas xa amosaban o seu bo estado neste inicio de tempada conseguindo a prata e o bronce no sub20 celebrado en Pontevedra.


Imaxe de portada:
Joel Castro no chanzo máis alto do podio // A Estrada Deporte / Difusion Sport

Comentarios

Deixar un comentario