O PP perde porcentaxe de apoio en Galicia pero conségueo na Estrada

O PP perde porcentaxe de apoio en Galicia pero conségueo na Estrada

“Unha alta participación beneficia á esquerda”. “A crise dos pellets pasará factura ao PP”. “A Televisión de Galicia fai 300 venres negros contra a manipulación informativa”. “A Xunta ten camas hospitalarias pechadas e as urxencias están colapsadas”. “A sanidade pública está derivando pacientes á sanidade privada”…

Tantas frases, tantos titulares que lle poderían pasar factura ao PP e a Rueda e que non o fixeron. Alfonso Rueda conseguiu sobrevivir a todo o que a oposición facía prever que levaría a un cambio no goberno galego… ou unha importante parte da poboación non soubo que pasaba iso.

Esa oposición que lideraban PSOE, BNG e o CIS non conseguiu que baixara dos 40 escanos cos que se quedou. O PSOE tampouco conseguiu frear a espantada de votos para o BNG. Así é que o primeiro quedou con 9 e, o segundo, con 25.

O BNG… unha líder que demostraba poder e confianza en sí mesma pero só conseguiu a metade do seu obxectivo: sí, é a líder da oposición, pero non vai ser a primeira Presidenta de Galicia… alomenos nos vindeiros catro anos.

Quen tampouco conseguiu todos os seus obxectivos foi Democracia Ourensana, quen apostaba por entrar no Pazo do Hórreo (e conseguírono) e por complicar a aprobación dos Presupostos para que se beneficie a Ourense, algo que non van lograr.

E que pasou na Estrada? Pois demostrouse que o noso concello é un feudo popular (como Galicia), onde ata o partido conservador conseguiu aumentar en máis dun punto os seus apoios.

Pero o gran beneficiado, como no resto de Galicia, foi o BNG, que subeu en case 6 puntos os seus apoios. E 5 deses 6 puntos perdeunos o PSOE.

VOX aumentou un chisco, ata os 157 votos, e uns poucos menos conseguiu Sumar. Podemos apenas recibiu 14 votos, 17 menos que PACMA.


Imaxe de portada:
Celebración de Rueda e de Pontón // TVG

Comentarios

Deixar un comentario