A maleza chega á altura dunha persoa na zona do Mercadona

A maleza chega á altura dunha persoa na zona do Mercadona

Cando se promoveu a zona do Mercadona tamén se fixo unha zona verde que serviría de atallo entre este supermercado e a parte alta da Avenida de Vigo.

Nesa zona a falta de mantemento fixo que apareceran toxos e xestas que, na actualidade, xa chegan a superar o metro e medio de altura. A consecuencia diso, un dos bancos cos que conta a zona é inaccesible e outro conta cun toxo asomando entre as táboas de madeira.

Comentarios

Deixar un comentario