Un camión de transporte especial queda inmobilizado na rotonda do Invictus

Un camión de transporte especial queda inmobilizado na rotonda do Invictus

Un vehículo de transporte especial quedou inmobilizado na rotonda do Invictus ao intentar entrar na Rúa da Cultura. Ata o lugar tivo que desprazarse a Policía Local, quen axudou a que o camión xirase e puidera volver pola Avenida de Santiago. Non houbo que lamentar danos materiais.

Desde a Asociación de Veciños da Avenida de Santiago pídenlle ao Concello que controle a circulación de vehículos especiais para que non volva a suceder o mesmo que esta tarde.


Imaxe de portada:
O vehículo de transporte especial inmobilizado na Rúa da Cultura // Asociación de Veciños da Avenida de Santiago

Comentarios

Deixar un comentario