🔴 Actualización
O paso da borrasca Mónica polo concello deixará intensas precipitacións. Por iso, a AEMET activou un aviso amarelo entre as 3.00 e as 00.00h deste domingo porque se poderían acumular 60mm en 12 horas.
Tamén se activará un aviso por refachos de vento que poderían chegar aos 70km/h. Este aviso estará activo entre as 11.00 e as 18.00h.
Cada día publicamos nas historias do noso Facebook e do noso Instagram a previsión para a xornada seguinte. Pode acceder a eles a través da páxina redes e contacto.


Deixar un comentario