O temporal de chuvia e vento que afectou nas últimas horas ao concello deixou varias incidencias por árbores caídas.
Á noite, unha árbore cortaba o tráfico da PO-214 (estrada San Xurxo de Vea-Pontecesures) en San Xurxo de Vea. A Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea e Mantemento de Estradas retirárona. O mesmo fixeron con outra árbore no mesmo vial ao seu paso por Santa Mariña de Barcala.
Mantemento de Estradas tamén tivo que retirar unha árbore na PO-841 en Toedo. Ata o lugar tamén se desprazaron Emerxencias A Estrada, a Garda Civil e a Policía Local.
Emerxencias tamén se desprazou ata Orazo por mor dunha árbore caída e ata Loimil para revisar unha.
Por outra banda, tamén é destacable a acumulación de auga. Segundo a AEMET, entre as 18.00 do sábado e as 16.00 deste domingo acumuláronse 107mm. O acumulado nunha hora máis destacable foi ás 11.00h, cando se precipitaron 10,5mm.
Imaxe de portada:
Retirada de árbore caída na PO-214 // Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea


Deixar un comentario