Arauia Al Bachere proclamouse Subcampioa de Galicia sub20 nos 400ml, á vez que marcou o seu mellor rexistro nesa distancia, cun tempo de 58.61 segundos. Nos 200ml, levou o bronce tras rematalos en 26.61 segundos na final B.
Pilar Corredoira participou nas mesmas probas que Al Bachere. Nos 400ml parou o crono en 1:05.54 e, na semifinal dos 200ml, en 28.92 segundos, quedando preto de entrar na final.
Celia Portela tamén participou no Campionato Galego, rematando a semifinal dos 60ml en 9.56 segundos.
Imaxe de portada:
Podio dos 400ml // Atletismo A Estrada


Deixar un comentario