O CNS bate varios records de España e consegue máis de 20 ouros no Campionato Galego

O CNS bate varios records de España e consegue máis de 20 ouros no Campionato Galego

O CNS desputou esta fin de semana os Campionatos Galegos nas categorías cadete-xuvenil e alevín-infantil celebrados nas Pontes de García Rodríguez. Foi na primeira das categorías nas que conseguiron máis metais.

Leonel Marín conseguía o ouro en 200 obstáculos, 50 remolque e 100 combinada, a prata nos 200 supersocorrista e o bronce nos 100 remolque aletas cadete.

Andrés Carballeda quedou primeiro nos 100 combinada e segundo nos 200 obstáculos e nos 50 remolque xuvenil. Roi Loureiro subiu ao chanzo máis alto do podio nos 50 remolque e subiu ao da segunda posición nos 100 remolque aletas e nos 100 combinada xuvenil.

O Equipo Cadete Masculino, formado por Marcos, Hugo, Nico, Martín, Alex, Leo e Jose, conseguiu o ouro nos 4×50 obstáculos, nos 4×50 combinado, nos 4×50 aletas, nos 4×25 remolque e na Xeral Cadete Masculino na suma de puntos.

Estes, xunto con Carolina Valiño, batiron os records de Galicia e España en 4×25 remolque xuvenil. En xuvenil feminino, Alexia, Carolina, Ainhoa e Lidia conseguían a prata e, en cadete feminino, Lidia, Ainhoa, Paula e Laura, o bronce.

A propia Valiño conseguía a prata nos 100 combinada xuvenil e o bronce nos 50 remolque. Martín Seoane conseguía a prata nos 100 remolque con aletas e 50 remolque cadete e, Ainhoa Sahagún, facíao nos 100 remolque con aletas. Sahagún tamén se fixo co bronce nos 50 remolque cadete.

Por suma de puntos do equipo, o primeiro posto do xuvenil masculino recaería en Nico, Xabi, Iker, Andrés e Roi. No relacionado co CNS, quedou segundo.

Na categoría alevín-infantil, Paula Pena convertiuse en Campioa Galege de 100 obstáculos, 50 remolque e 100 remolque con aletas e en Subcampioa de Galicia dos 100 socorrista infantil. Naila Sesar é Subcampioa nos 50 obstáculos alevín.

O equipo infantil feminino levou o ouro nos 4×50 obstáculos, nos 4×50 aletas, nos 4×25 remolque, nos 4×50 combinado e no relevo mixto. Na xeral por puntos, o equipo infantil feminino fíxose co trofeo a mellor clube e coa segunda praza da clasificación infantil conxunta.


Imaxe de portada:
Podio do CNS // CNS A Estrada

Comentarios

Deixar un comentario