López Bueno considera que o goberno municipal está máis preocupado “de temas menores” que de que se creen empresas

López Bueno considera que o goberno municipal está máis preocupado “de temas menores” que de que se creen empresas

Luis López Bueno, líder do PSOE da Estrada, reaccionou á nova avanzada este martes por La Voz de Galicia, na que se daba a coñecer que Olidís non instalará a súa fábrica de biodiésel na Estrada debido a que non atoparon o apoio do Concello.

Para López Bueno, este feito “demostra unha advertencia que xa lanzara o Grupo Municipal Socialista hai meses, a industria renuncia a vir ao noso Concello pola inoperancia do PP da Estrada”.

Opina que o concello non se atopa en condicións para renunciar proxectos que creen emprego e que, por iso, esa noticia resulta “triste” dado que a xestión económica do Concello levou a “unha nova oportunidade perdida para A Estrada”.

Culpou ao PP de que A Estrada perdera un 2% do PIB entre 2018 e 2020, 1800 veciños en 15 anos e 89 empresas en menos de 10 anos. “Levan 15 anos no goberno, que ninguén o esqueza”, dixo López Bueno.

Criticou que, mentras esto ocorre, “a prioridade do PP é montar unha comisión de festas” e destacou que, mentras en concellos limítrofes créanse novas industrias, o goberno estradense está “a temas menores que hai que resolver, pero son xestións normais do día a día”.

Valorou que A Estrada ten “un goberno NINI, nin buscan industria para A Estrada nin apoian os proxectos que lles aparecen pola porta” e esixiulle ao PP que fale con empresas para traer industria ao concello, algo que “é o que fan os gobernos preocupados pola economía e o emprego”.

O líder dos socialistas considerou que o PP “fíalle o futuro do Concello a unha autovía que tardará moitos anos en chegar á Estrada” e á ampliación do Polígono de Toedo, que “de momento só se está a redactar o proxecto”.

Por último, pediu que o Concello atenda “as demandas das empresas que xa están aquí instaladas, porque quizais mañá nos levantemos coa noticia de que algunha das poucas empresas que quedan tamén deciden marchar”.

Comentarios

Deixar un comentario