O BNG da Estrada pediulle explicacións ao alcalde pola noticia avanzada por La Voz de Galicia na que se anuncia que Olidís finalmente non levará a cabo o proxecto dunha fábrica de biocombustible na Estrada.
Para os nacionalistas, a perda dos 500 postos de traballo que crearía é “unha perda importante de postos de traballo e incremento do tecido produtivo no noso concello”.
Tamén lle pediron ao mandatario ” luz e taquígrafos” sobre as xestións e “que se agocha detrás desa suposta ‘falta de apoio institucional’ a unha empresa”.


Deixar un comentario