O BNG da Estrada anunciou que vai votar en contra da nova licitación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que sairá a concurso por 1,4 millóns de euros.
Xoán Reices, voceiro do BNG da Estrada, defendeu que o SAF é “máis necesario que nunca” debido á “politica de privatización de residencias do PP”.
Pídenlle ao goberno local que “presione ao PP na Xunta” para que “incremente a dotación do SAF e así chegar a máis persoas”.
“Cónstannos varios casos nos que despois dunha longa espera, cando chega a axuda solicitada esa persoa xa falecera. É de vergoña”
Xoán Reices, voceiro do BNG da Estrada
Tamén se mostrou preocupado polas condicións laborais das traballadoras que, segundo o nacionalista, non son unha prioridade para o PP. Lembrou a denuncia realizada pola CIG e insistiu en que “os coidados non son un negocio e os nosos maiores merecen máis”. É por iso que piden que a Xunta aumente a cuantía de axuda e que se municipalice o servizo.


Deixar un comentario