A ACOE sortea 5 tarxetas de 50 euros polo Día do Pai

A ACOE vai sortear 5 tarxetas de 50 euros cada unha polo Día do Pai. Para poder participar débese enviar imaxes dos tickets de compras superiores a 10 euros feitas entre o 4 e o 18 de marzo en comercios asociados á ACOE. As imaxes teñen que enviarse por WhatsApp ao 613 885 082.

Nas imaxes debe de poder lerse correctamente o número de tícket, data de compra, comercio e prezo. O sorteo realizaráse o 19 de marzo.

Taller de felicitacións

Este ano, a Asociación tamén levará a cabo un taller de felicitacións. Realizaráse os días 13, 14 e 15 de marzo en dous turnos diarios: o primeiro de 17.00 a 18.30h e, o segundo, de 18.45 a 20.15h.

No taller, os participantes confeccionarán felicitacións para os seus pais e estarán ao coidado das monitoras. Para inscribirse é necesario chamar ao 607 165 928 e o custo será de 5 euros, a excepción de que se presente un tícket de compra superior a 10 euros nun dos comercios asociados, que nese caso quedará en 3 euros.

Comentarios

Deixar un comentario