Previsión de neve para este sábado na Estrada

Previsión de neve para este sábado na Estrada

A AEMET activou un aviso polos acumulados

Este sábado parte do concello poderá atoparse nevaradas, principalmente na primeira metade do día. Segundo MeteoGalicia, a cota baixará na noite do venres ao sábado ata os 500-600 metros. Deste xeito, nevará en parte do concello e poderíanse ver incluso folerpas na Estrada.

Acumulación de neve entre as 00.00h do sábado 9 e as 00.00h do domingo 10 // MeteoGalicia

Durante todo o día estará activo un aviso amarelo por acumulados de neve. Nestas 24 horas poderíanse acumular 4 centímetros e, por riba dos 700 metros, máis de 7.

Ademais, ata as 12.00h permanecerá activo un aviso amarelo por chuvia acumulada en 12 horas, con acumulados de ata 40mm.

Ante episodios de nevaradas, desde o 112 piden que só se fagan os desprazamentos que sexan necesarios, que se revise o estado das estradas e do vehículo, levar o móbil cargado e evitar as freadas e os cambios de dirección bruscos.

Comentarios

Deixar un comentario