Pouco despois das 11.30h deste venres un vehículo que subía pola variante da Rúa San Paio bateu contra outro que circulaba pola rotonda ‘do donuts’. Este último, tras recibir o impacto, rematou perdendo o control e quedou na beirarrúa da Rúa Antón Losada Diéguez coa parte frontal do vehículo colgando sobre unha finca.
Pese a aparatosidade do sinistro, non houbo que lamentar feridos. Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Local, Emerxencias A Estrada e do 061.
Con este accidente vólvese abrir o debate sobre a seguridade desta rotonda, onde o seu reducido tamaño fai que os condutores excédanse coa velocidade, quizais, para ter a prioridade á hora de circular por ela.
Imaxe de portada:
Vehículos sinistrados // cedida


Deixar un comentario