Unha muller resultou ferida nun accidente entre dous vehículos na tarde deste domingo na PO-841 ao seu paso por Santa Cristina de Vea, á altura de Agrícola Vea. Neste punto este sábado produciuse outro accidente.
Ata o lugar desprazáronse a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local, Emerxencias A Estrada e a Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea.
Accidente con atrapados na EP-7001
Na mañá do sábado produciuse un accidente con atrapados na EP-7001 entre Tabeirós e Nigoi. Ata o lugar desprazáronse a Garda Civil, a Policía Local, o 061 e Emerxencias A Estrada. Cando chegaron estes últimos xa non había ninguén no vehículo.

Deixar un comentario