O PSOE pide que se recuperen as carreiras populares e que a pista de atletismo sexa para todos

O PSOE pide que se recuperen as carreiras populares e que a pista de atletismo sexa para todos

Belén López, concelleira do PSOE da Estrada, fixo unha serie de propostas no eido deportivo no concello. Comentou que a estratexia do PP “está moi equivocada”.

O primeiro dos motivos que a levan a afirmar iso é que dito partido “deixou caer todas as carreiras populares que se celebraban no casco urbano e que enchían a vila de deportistas federados e amateur”, como a Nocturna Estradense, que se “foi pospoñendo durante meses sen que aínda hoxe se teña data para a súa celebración”.

“As carreiras populares da Estrada atraían a milleiros de persoas e deixaban actividade económica no pobo”

Belén López, Concelleira do PSOE da Estrada

Por outra banda, López considera que a pista de atletismo debería estar aberta actividades de centros educativos e a particulares non federados, cando o goberno que goberna “pretende unha instalación exclusiva para deportistas federados”. Para iso, afirmou, sería necesario crear un regulamento.

Por último, tamén opinou que se deberían facer unha serie de melloras, como a colocación da zona de saltos diante da grada principal, igual que na maioría das pistas. O PP xa comentou que consultará esa posibilidade.

Comentarios

Deixar un comentario