Reices pídelle “claridade” ao alcalde sobre se vai presentar un recurso contra o eólico do Xesteiras

Reices pídelle “claridade” ao alcalde sobre se vai presentar un recurso contra o eólico do Xesteiras

Xoán Reices, voceiro do BNG da Estrada, pediulle “claridade” ao alcalde sobre se o Concello vai levar a cabo actuacións contra o parque eólico Monte Xesteiras. Para o nacionalista, Juan Constenla, Concelleiro de Rural, “foi pouco preciso na reunión que mantivo cos veciños e veciñas o pasado luns” sobre ese asunto.

Para Reices, “os veciños e veciñas necesitan claridade, queren saber se o concello vai botar unha man ou vai poñerse de perfil” e o único claro sería que os veciños están en contra, mentras que a oposición do alcalde ao parque eólico “vai por días”.

O nacionalista incidiu en que o alcalde ten “que poñerse mans á obra” porque, de saír adiante o proxecto, “os residentes de Santa Mariña quedarán entalados entre o parque eólico de Xesteiras e o de Castro Valente”.

Amais, o voceiro do BNG puxo o foco en que nos últimos días para presentar un recurso de alzada “algunha das persoas que atende o rexistro ausentarase por motivos persoais nos últimos días de prazo para presentar os recursos e non haberá ninguén para substituílo” e, por iso, pídenlle ao mandatario que aclare a situación.

“Evidentemente, a solución non pode pasar por eliminar os dereitos do traballador ou traballadora, senón por buscar outra persoa que por uns días substitúa as labores desta; esa é a labor do alcalde e ou do concelleiro que teña delegada as funcións de persoal, pero o rexistro ten que estar plenamente operativo todos os días laborábeis do ano”

Xoán Reices, voceiro do BNG da Estrada

Imaxe de portada:
Eólico do Monte Cabalar // Arquivo

Comentarios

Deixar un comentario