A Banda Municipal da Estrada ofrecerá un concerto de solistas o domingo 24 ás 19.00h no Teatro Principal. Nel actuarán Sara Calvo – gañadora do II Concurso de solistas da Escola da Banda Municipal – co clarinete, Martín Brea co saxofón e, como convidado especial, José Luis Vázquez “Cote” coa tuba.
Para asistir a este concerto que dirixirá Álvaro Verela é necesario retirar os convites do Departamento de Cultura do Concello da Estrada.


Deixar un comentario