Adestrar na Estrada para competir contra os mellores doutros países

Adestrar na Estrada para competir contra os mellores doutros países

Chámase Rubén Comerón e é un dos xogadores que forma parte do Club Bádminton A Estrada. Esta fin de semana desprazouse ata Oviedo para participar no Spanish Junior Open, onde puido competir contra xogadores doutros países.

Nos dobres mixtos competiu con Ana Nóvoa, que participaba como xogadora da Selección, e, nos masculinos, con Raúl Bergua, do Ravachol. En ambos casos perderon contra unha parella francesa: nos mixtos contra Morin e Le Cam e, nos masculinos, contra Bellot e Morin.


Imaxe de portada:
Rubén Comerón (dereita) co seu adestrador, Jesús Pereiro (esquerda) // Club Bádminton A Estrada

Comentarios

Deixar un comentario