O Club Bádminton A Estrada desprazouse ata Ponteareas para desputar un TTR, do que regresaron cun ouro, unha prata e dous bronces.
Tras varios anos de ausencia, o sub19 Pedro Rey regresaba ás pistas, e facíao da mellor forma posible, pois conseguía o ouro na categoría individual. Na categoría sub17, Paula Bustelo e Iria Martín facíanse ca prata en dobres e Zoe Villar e Antía Martín, co bronce.
O bronce restante tamén o conseguían dous sub17, nesta ocasión, Mateo Ónega e o xogador do Ravachol Pablo Albores.
Imaxe de portada:
Xogadores do Club Bádminton A Estrada en Ponteareas // Club Bádminton A Estrada


Deixar un comentario