Despois de varios días con temperaturas moi superiores ás medias do mes, produciráse un cambio no tempo que coincidirá coa Semana Santa.
O Domingo de Ramos a situación manteráse estable, segundo a AEMET, con ceos pouco nubosos e temperaturas que oscilarán entre os 6 graos de mínima ata os 19 de máxima.
O luns chegarán as chuvias, que poderían vir acompañadas de tormentas. As temperaturas experimentarán un descenso e podería nevar a partir dos 800 metros.
O martes continuará chovendo e, a cota de neve, nos 800 metros. O mércores a cota de neve ascendería aos 1100 metros, coincidindo cun ascenso das mínimas.
Para a xornada do xoves, non se producirían cambios en canto ao estado do ceo e as temperaturas sufrirían un lixeiro ascenso. As previsións indican que o resto dos días continuaría chovendo.

Deixar un comentario