A neve volverá a algúns puntos da Estrada

A neve volverá a algúns puntos da Estrada

Este luns entrará unha nova fronte que virá acompañada dunha masa de aire frío, que fará que a últimas horas do día a neve poida comezar a caer nos puntos altos do concello. A cota de neve, segundo a AEMET, baixaría ata os 700 metros, aínda que MeteoGalicia sitúaa nos 600 metros.

Na xornada do martes, segundo a AEMET, a cota moveríase entre os 700 e os 800 metros. O mércores, segundo as previsións actuais, xa non nevará no concello.

Comentarios

Deixar un comentario