O Estrada Escena desta primavera 2024 ven cargado de eventos. No mes de abril, o Teatro Principal acollerá o Bailar agora de Marta Alonso (sábado 6), unha nova función de Un médico na aldea (domingo 7), o concerto de Francisco Castro e a Banda dos Borges (venres 12), as funcións Mamut de Markeliñe (sábado 13), O porco de pé de Produccións Excéntricas (venres 19) e Mangoreté de Bea e Desiré Pillado, na que colaborará o Obradoiro Carlos Barruso (venres 26) e o parladoiro Ensalada de Mosquito XX aniversario (sábado 27). Ademais, o xoves 18 no MOME celebraráse un faladoiro sobre Avelina Valladares.
Na primeira metade de maio, as táboas do Principal acollerán ao Meixeverso de Pablo Meixe (sábado 4), ao parladoiro musical con Herdeiros da Crus (xoves 9), ao De algo hai que morrer de Malasombra Teatro (venres 10) e ao Barquiño de pau de Tropa de Trapo (sábado 11).
Na segunda metade do mes, acollerá o musical Carme sempre túa da Banda Municipal da Estrada e da EMAE (venres 17), o Concerto do Salmón da Coral Polifónica Estradense (domingo 19) e o concerto A Música dos Valladares (venres 24). Amais, o sábado 25 haberá un concerto da orquestra Suso Vaamonde en Calvo Sotelo.
Pode ver todos os eventos na Estrada no noso Calendario de eventos


Deixar un comentario