Este mércores comezan as Santas Tapas

Este mércores comezan as Santas Tapas

Este mércores dará inicio unha nova edición das Santas Tapas. No evento, que durará ata o domingo, 25 locais servirán tapas elaboradas para a ocasión e que se poderán degustar por 3 euros. O horario para degustalas será de 12.00 a 15.00h e de 20.00 a 23.00h.

Os locais participantes son : Os Peares, Eureka, O Xulia, Oasis, O Mesón da Estrada, Scala, O Candil de Silvia, Velis Nolis, Enredo, A Riala, 20 Berzas, Salvaxe, A Lacena de Chucha, A Bodeguiña, Ananás, Malo Será, Vasán, O Paseo, Central, O Lar, Samaná, Amadeus, A Casa do Lagoeiro, Florida e Andalucía.

Os clientes poderán participar nun sorteo no que se repartirán 2 premios de 1.000 euros, entre outros agasallos.

Comentarios

Deixar un comentario