Este luns abriron as inscricións para a XI Estra Noite, que se celebrará o sábado 22 de xuño, poucos días antes das festas patronais. As inscricións estarán abertas ata o 19 de xuño na web de Emesports.
O prezo é de 8 euros para as categorías xuvenil/sub18 e superiores. Para as categorías infantís é gratuíto.
Na proba haberá tres circuítos diferentes:
- O circuíto A sairá de Calvo Sotelo en dirección á Igrexa, seguirá ata Justo Martínez e regresará ao punto de saída. Ten unha lonxitude duns 400 metros.
- O circuíto B seguirá os mesmos pasos, pero no cruce entre Calvo Sotelo e Justo Martínez xiraráse en dirección descendente para ir ata Castelao e Iryda e dirixirse por Justo Martínez á meta. Ten unha lonxitude duns 900 metros.
- O circuíto C sairá de Calvo Sotelo en dirección á Igrexa e, posteriormente, á feira. Seguirá por Gradín, San Paio e Antón Losada, pasará pola Zona dos Viños, rodeará o Novo Mercado e pasará pola Farola. Baixará por Serafín Pazo ata a Praza do Concello e seguirá por Iryda. O regreso á meta faráse por Baiuca, Ponteareas, Ulla e Calvo Sotelo. A súa lonxitude é de 4 quilómetros.
As carreiras comezarán ás 21.00h, coa carreira dos máis pequenos, que terán que completar a distancia de 80 metros. 10 minutos despois tomarán a saída os rapaces e rapazas da categoría prebenxamín, cun percorrido de 200 metros.
Os sub10 sairán ás 21.20h e darán unha volta ao circuíto A. A ese mesmo circuíto darán dúas voltas os sub12, que comezarán a correr ás 21.45h. Cando dean as dez en punto da noite partirán os sub14, dando unha volta ao circuíto B. Media hora máis tarde entregaránselles os premios.
Ás 22.45h tomarán a saída os sub16, cun percorrido no que darán unha volta ao circuíto A e outra ao B, sumando un total de 1300 metros. Ás 23.00h tocarálles aos sub18, sub20, sub23, Senior e Master, que darán dúas voltas ao circuíto C (8km). Ás 00.30h entregaránse os premios.



Deixar un comentario