Rouban un depósito de grandes dimensións no Pedregal

Rouban un depósito de grandes dimensións no Pedregal

A semana pasada produciuse un roubo dos que non pasan desapercibidos no Pedregal. Os amigos do alleo levaron un depósito de auga de 5×2,5 metros e, alomenos, unha tonelada de peso.

O propietario, que xa denunciou os feitos ante a Garda Civil, incide no modus operandi, dado que entraron nunha finca privada cun vehículo capaz de transportar o depósito e, segundo conta, tiveron que botar varias horas desmontándoo.

O dono sospeita que puido ser alguén do concello, dado que unha persoa preguntáralle varias veces se estaba á venta e pide colaboración cidadá por se alguén veu algo sospeitoso.

Comentarios

Deixar un comentario