Non hai unha sen dúas, dúas sen tres e tres sen catro. Pouco antes das 13.00h deste martes un vehículo saíuse da vía no mesmo punto da EP-8401 no que o fixeran tres vehículos no mes de marzo ao seu paso por San Andrés de Vea. Concretamente fíxoo no punto quilométrico 1+900 en dirección Cuntis.
A condutora do vehículo presentaba dor, pero trasladouse polos seus propios medios ata o centro de saúde. Ata o lugar desprazáronse a Garda Civil de Tráfico de Lalín, efectivos da Deputación de Pontevedra e a Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea.
Imaxe de portada:
Vehículo implicado // Agrupación de Voluntarios de Paramá San Andrés de Vea


Deixar un comentario